Quen son

Son Isaac Castro Fuentes. Actualmente estudo na Escola Técnica Superior de Enxeñería da Universidade de Santiago de Compostela o Grao en Enxeñaría Informática e traballo como persoal de apoio nas aulas de informática da Universidade, pero para darme conta que tiña que estar ahí antes estiven dous anos cursando o Ciclo Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas no IES San Clemente, tamén en Santiago de Compostela.

A miña relación cos ordenadores ten un tempo xa, pero sempre como usuario, algo avanzado, ata que un día me picou a curiosidade de aprender ao ver o que se podía facer escribindo cousas raras que facían que pasara algo que eu quería. A primeira vez que escribín código foi Visual Basic para Aplicacións, en Microsoft Office. Máis concretamente en Access, co que daquela intentaba entender algo de bases de datos, cousa que anos despois me serviu de bastante no ciclo.

Dende ese momento sabía que me quería adicar á informática, pero polo camiño estiven algún tempo no mundo do audiovisual, como técnico de son. Ao final tivo que quedar como hobby, pero cando teño ocasión aínda me poño detrás dunha mesa e intento sonorizar algo.

Despois de un ano no mundo do son adiqueime plenamente á informática, estudando o ciclo. Dous marabillosos anos onde coñecín a moita xente interesante e que acabaron convertíndose en moi bos amigos.

Despois de rematar non acababa de verme totalmente satisfeito coa miña formación, polo que se me pasou pola cabeza iso que sempre dixen que non faría: “E se fago a carreira, que?”. Horas e horas dándolle voltas, para que ao final veña o amigo de toda a vida, che diga “Métete” e ti vas de cabeza a meterte. E iso foi o que pasou. O meu amigo de toda a vida, tomando algo nun bar, levantouse e preguntolle a todos os que estabamos alí: “Quen cre que Isaac debe meterse na carreira?” E como foi unánime a votación pois non puiden dicir que non, e aquí estou.

A carreira quita tempo, moito. Case todo de feito, pero iso non quita que de cando en cando faga algo que non teña o logotipo da USC por algún lado. Ademais de facer algunha web ou algún desenvolvemento pequeniño pola miña conta, sen ordenadores diante tamén fago cousas. Levo un tempo na Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cuntis, onde colaboro nos operativos que boamente podo, habitualmente en festas ou eventos deportivos.

En resumo, a miña vida está ligada á informática dende hai moitos anos, a Santiago de Compostela dende hai bastantes, e a vestirse de laranxa e levantarse os domingos ás 6 dende hai un pouco. E todo o que fago o fago encantado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*