Impresións da XGN 2011

Rematou o fin de semana no que moitos amantes dos xogos, de descargarse gigas e gigas de datos e de compartir todo o que teñen esperan durante todo un ano. Refírome á Xuventude Galicia Net.

Non podo falar moi extensamente desta “party”, xa que eu coñecina o ano pasado, da man de Adrián, que me convenceu para ir ás conferencias. Eu o pouco que oíra desa xuntanza era que durante 3 días unha morea de persoas estaban xogando e descargando cousas a velocidades inimaxinables para ter na casa. Polo visto era así, pero a miña impresión o ano pasado foi distinta. Asistiramos a unhas cantas conferencias que eran moi interesantes, con ponentes moi decentes, e aprendera moito.

Este ano, vista a grata experiencia anterior e aproveitando a conxetura de que o precio para o acceso á zona restrinxida era moi barato, decidimos pagar e así ter acceso a todo, aínda que as conferencias, o que máis nos intersaba, eran abertas.

A primeira sorpresa tívena o mesmo día do comezo, poucas horas antes. Volvo a revisar o horario e vexo que se engadira unha conferencia de última hora para o día seguinte, impartida por Pedro Sánchez, de Conexión Inversa, un dos grandes forenses informáticos de España. Sumándolle aos que xa vira antes, comezaba a semellarse isto a algo moi profesional.

O primeiro día, despois da conferencia que David Bonilla, onde nos descubriu as marabillas do HTML5, e da conferencia de Abel Muíño, onde nos ensinou o que debíamos mirar para ver se a nosa idea sería rentable, baixamos á zona restrinxida, para ver que se cocía por alí. Grata sorpresa, aínda que esperada, o encontro con Miguel Gesteiro, organizador do Hackcontest, que se non me equivoco é a primeira vez que se organiza na XGN. Puxémonos a darlle un par de voltas, a ver que sacabamos, e aínda que non fixemos gran cousa 3 ou 4 retos superámolos. Sorprendeume que tivese a participación que tiña, e que sobre todo a 5 horas de comezada a xuntanza houbese xente con 9 retos superados. Nese momento foi cando me dei conta de que quizais non todos eses van só a xogar e descargar, e que é posible que rematemos indo a conferencia de algún dos que están sentados cerca túa dentro de uns anos.

O segundo día comezamos dándolle outras voltas ao Hackcontest ata que nos deu a hora de ir a ver que contaba Pedro, acompañados por Sergio, que se decidiu a vir a aprender algo. Pensei que tería máis asistencia, pero Pedro igualmente nos deleitou coas súas historias forenses.

Logo de comer estivemos aprendendo que fai unha web para soportar visitas da man de Jerónimo López e despois como crear código para que unha web vaia rápida con Fran Diéguez.

Tiñamos unha horiña de descanso que aproveitamos para ver un cachiño aos de defensa persoal, porque tamén diso se pode aprender na XGN, e fómonos para o ansiado Coding Dojo.

Alí estaban os axilistas por excelencia. Agilismo.es prepara unha kata para introducirnos aos que non sabíamos nada disto ao mundiño este. En función da linguaxe na que mellor nos desenvolvemos puxémonos algún dos que sí sabía de que ía o tema. Eu estiven con Xabier Gost, que tiña todo disposto para introducirme no mundo dos TDD por medio de Javascript. Por falta de tempo non se puido completar a kata, pero realmente foi unha experiencia espectacular.

Despois de rematar a kata quedamos falando un pouquiño con Alfredo Casado, profesor universitario en Madrid. Este señor non se sube á palestra, colle unha tiza e explica que a sintaxe do if é así, e se pasa 20 minutos explicando que é un else, na súa clase apréndese a programar a base de katas. . Isto aos que tivemos que aturar a explicación do if nunha clase de teoría, e as que teremos que aguantar aínda, danos moita envexa. Este tipo de cousas demostra que as cousas se poden facer diferentes. Se tes ganas de facelo podes facelo.

Vimos moita xente con gañas. Emprendedores. Xente sen medo ao fracaso. Xente que montou algo, que lle foi ben, ou que non lle foi ben pero montaron outra cousa e agora aquí están, un fin de semana intentado convencer á xente de que iso que che din na Universidade de que “apréndete Java, que é o que todas as empresas usan e así podes ter o teu posto de programador de 8 a 15” non fai falta seguilo sempre, e que non hai que ser un Eric Smith ou un Mark Zuckergbeng. Esta xente irradia algo que che fai ver que podes facer algo distinto.

Da XGN2011 levo dúas impresións. A primeira é que o mundo da informática necesita que na Universidade non se adoctrine para traballar nas grandes consultoras, senón que se ensine que hai un mundo moi pertido que non pasa por administrar un MS SLQ Server ou programar clases Java, e que se pode formar parte del simplemente querendo. A segunda impresión é que isto cada vez, salvando as distancias e sobre todo os tamaños, se parece máis a unha Campus Party. Non chegará a ser iso, porque Campus so hai unha, pero sí que pode convertirse nun refererente máis para os membros da comunidade informática que non lle interesan os xogos. Este ano houbo un nivel moi alto de conferenciantes, un Hackcontest organizado por unha eminencia no tema, e un Coding Dojo organizado polo máximo expoñente do axilismo en España. Continuando así poderíase chegar a facer algo cun recoñecemento a nivel profesional moi alto.

 Despídome xa, que menudo post kilométrico me quedou.

Publicado en: axilismo, emprendedores, XGN

Comezando

Pois xa está, isto era o que me faltaba, facerme un blog.ir-leasing.ru

Non creo que sexa necesario que vos solte aquí agora quen son nin que intencións teño na vida, algo diso vai no perfil que anda por ahí á dereita e no Quen son.

Como primeiro post só hai un, creo que é onde se debe poñer o máis importante, e isto ven sendo porqué estou aquí. E estou aquí por dúas razóns.

A primeira é a insistencia de alguén que me atura día tras día. Di él que teño que facer isto porque cando teña grandes aplicacións a xente terá un sitio onde lerme; e se non as teño sempre me vale de caixón desastre. Vou pensar só na primeira parte mellor.

A segunda razón é saber que non me tiro á piscina eu só. Resulta que lle comentei a idea a Adrián, e mira por onde que se lle dou por facelo tamén. A ver se non acaba en unha guerra de lectores…

Despois do momento agradecementos cóntovos rápidamente de que vai isto: do que teña que dicir, se é que teño algo que dicir. Non sei se vai ser pertido ou serio, técnico ou non, pero pretendo pasalo ben escribíndoo, e que vos o pasedes ben lendo, case sempre sobre informática, sobre a Universidade e sobre as clases; pero tamén sobre  Guinness, sobre Irlanda, sobre calquera tema que me caia nas mans e teña algo que dicir sobre él.

Despídome deixándovos unha foto miña, por se vos apetece invitarme a unha cervexa por ahí, ou por se vos apetece que vos invite eu.

Publicado en: presentacion