ano++;

Acábase outro ano, e como corresponde, para que non se me olvide que un día adiquei unha hora a montar este blog, toca escribir catro palabras para facer un resumo do ano e intentar ver estes 365 días coa perspectiva que dá o tempo e a verbalización do sucedido.

Se tivese que elixir unha palabra como resumo do ano sería felicidade. Non á felicidade de que che dan unha gran noticia, de que che toca o Euromillóns… a felicidade do día a día. A felicidade que che dá o vivir como Dios, que eu sempre digo cando me preguntan qué tal estou. Hai momentos mellores e peores pero no cómputo global saio gañando bastante, e cos tempos que corren isto é dicir moito.

Un dos días marcados en vermello no calendario de 2017 foi o 22 de febreiro, cando defendín o meu Traballo de Fin de Grao diante do tribunal. O primeiro mes do ano foi adicado prácticamente enteiro á escritura da memoria, e a verdade é que foi algo menos aburrido do que esperaba, xa que avancei a unha velocidade maior da agardada. Quizáis foi algo máis complicado elaborar a presentación na que me apoiei para a defensa, pero coa axuda dos titores o certo é que me quedou algo do que estou bastante orgulloso. Presenteino ante un tribunal do que non se agardaba un excesivo celo, posto que dos tres membros únicamente un deles era de informática, se ben é certo que precisamente é un dos profesores da área de Proxectos, que adoitan ter unha visión máis crítica sobre a memoria. Supoño que o feito de ser este tribunal, e da confianza que tiña en que o que levaba feito era un bo traballo, fixo que subise ao escenario con poucos nervios, aínda que finalmente non fun capaz de responder como debería a alguhas das preguntas. A pesar de todo isto debeu gustar o meu traballo, posto que fun a maior nota do tribunal, o cal me fixo moita ilusión! Teño que agradecer que se presentasen alí un día de semana as 10:30 da mañá para aguantar o tostón de “He venido a hablar de mi app” a Silvia, Alfonso e Fer, que alí estiveron apoiando.

Despois de pagar gustosamente as taxas para a emisión do título, cousa que fixen encantado como último acto universitario, decidín que era o momento de coñecer algo de Cantabria, así que alá nos fomos un fin de semana Silvia e eu, nun coche alugado, a disfrutar de anchoas, sobaos e animales varios en Cabárceno. Foi un finde moi divertido, de moitas horas de coche, de coñecer unha cidade e unha terra que a min me recordou moito a Galicia e que me gustaría volver a visitar para coñecer algo máis alá que as visitas de turista típicas que fixemos.

Aproveitei os días de vacacións pedidos para achegarme a facer un trámite que me quedaba pendente dende había un ano, e había que facer si ou si: obter a licencia de armas E, para poder recuperar unhas escopetas que estaban a nome de meu pai. Constatei o que imaxinaba, o control de armas non é todo o exhaustivo que debería, porque aquí estou eu, que na vida vira unha escopeta diante, fun a un exame teórico moi sinxelo e a un práctico que fixen sen máis problema. Son un perigo certificado pola Intervención de Armas de Guardia Civil.

Por suposto, ademais dun par de escapadas a Coruña a un par de concertos, tocou a xa tradicional viaxe en Agosto á Costa do Sol, cal guiri (que aparento e así me tratan alí sempre). Catro días en Benalmádena con Silvia, aloxados nun hotel moi bonito, xusto na entrada ao casco histórico de Benalmádena Pueblo, con 3 habitacións e rexentado por unha parella de ingleses moi amables, disfrutando tanto do que era a noite de un pobo típico de Málaga, onde paseabas e vías aos veciños sentados na rúa falando entre eles misturados con turistas coma nos que buscabamos sitio nunha terraza para cear. Un ambiente que me encantou, que había cando eu era pequeno na miña aldea polas tardes, e que foi desaparecendo ao mesmo tempo que a xente se facía maior.

A viaxe a Málaga tivo o seu consabido paseo pola xeografía da provincia, desta vez tocou Maro, un pobo da costa malagueña encantador, onde disfrutamos dunhas vistas espectaculares dende as torres construídas para vixiar a costa. Está pretiño de Nerja, a onde non nos deu tempo a ir, pero como a nos Verano Azul nos colleu moi pequenos tampouco nos preocupaba moito. Tamén aproveitamos e nos achegamos a Mijas, o famoso pobo con Taxi-Burro, que non utilizamos pero si vimos. Ademais diso que todo o mundo coñece, o pobo ofrece unhas vistas espectaculares dende os seus balcóns.

Visto ata aquí o que levo escrito parece que só viaxei pero ollo, eu sigo traballando! De momento sigo en Bahía Software, desenvolvendo, como boamente me deixan, o sistema para a xestión do Programa Galego de Detección Precoz de Cancro de Colon. Disfruto do que fago, pouco a pouco síntome moitísmo máis seguro do meu traballo e vou ampliando os meus coñecementos. Teño uns compañeiros cos que é un placer traballar, un ambiente laboral que fai que apeteza levantarse todos os días para ir á oficina.

Todo isto que me pasou durante 2017, e que fixo que ao principio deste post dixese que sinto felicidade, non foi por ciencia infusa. É imposible ser feliz sen ter ao lado xente coa que compartir a túa felicidade, e eu teño a inmensa sorte de ter preto a xente coa que se pode disfrutar cada minuto. Alfonso, que nos vemos básicamente en Cancelas, cando imos ao cine; Fer, que nos vemos cando se lle rompen grifos e llos teño que ir cambiar, pero que falamos todos os días da vida e do mercado laboral, que insiste en dicirme que valgo moito profesionalmente sen probas diso; Víctor, que sempre responde aos whatsapp aínda que nos vexamos 3 veces ao ano; Ángel que, a pesar de vivir en Santiago non damos quedado; Alberto que sempre está aí para axudar cando fai falta e despois me olvido de volver a quedar para saldar contas e, por suposto, Silvia, que cada día está aí aturando as miñas tonterías, preparándome de comer cando como na casa para que poida descansar, aguantando o mal humor… MIL GRAZAS.

Veremos o que depara 2018… polo de pronto divísase aí ao lado unha viaxe a Barcelona e un pouquiño despois unha a Madrid. E estou seguro que, aplicando á vida a felicidade que poida, a vida me devolverá máis, como leva facendo en 2017, así que todo o bo humor que poida ter tereino!

Agardo que, se non antes, dentro de un ano poida volver a dicir que vivo como Dios.

Sede felices!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Top