O profesorado

ProfesrHai un ano falei sobre a motivación para estudar, a raíz dun post de Ricardo Galli onde se queixaba dos seus alumnos. Ao largo de todo este ano, e a pesar de falar máis dunha vez con profesores sobre este tema a miña opinión non cambiou nada, sigo pensando que non se pode botar toda a culpa ao alumnado sentado cómodamente no despacho e sen tocar o plan de estudos da túa materia en cinco anos.

Hoxe chegou á miña pantalla un texto, supostamente un correo electrónico escrito por unha profesora de Física e dirixido aos seus alumnos debido ao desastre de exame que fixeron. O texto en cuestión e o seguinte:

Como veis acabo de colgar las notas finales del ordinario de Física II.

No puedo por menos que haceros llegar mi más profundo descontento con lo que he tenido que leer en los últimos días. Ya no se trata de no hacer o de no saber, sino de las auténticas BURRADAS que muchos de vosotros habéis dejado por escrito, amén de faltas de ortografía que me hacían sangrar los ojos, así como auténticas cochinadas de examen llenos de tipex, tachones, frases sin acabar, bailes de ecuaciones sin sentido ni explicación, ausencia de hilo conductor de las exposiciones, pésimas redacciones y laberintos de letras ilegibles.

Se supone que sois universitarios, que dentro de algunos años llevaréis las riendas de la sociedad y tendréis que trabajar por ella. ¿Sabéis qué imagen dais algunos con vuestros exámenes?

Me da vergüenza colgar esta lista, os aseguro de corazón que me da vergüenza y que todos los exámenes que pasan de 4 están corregidos dos veces con lupa intentando buscar algún detalle que se me hubiera pasado para subir la nota. La gran pregunta es ¿no os da vergüenza a vosotros?

He encontrado hielo fundente a 100ºC, a 6,66ºC a -20ºC, … ¿A QUÉ TEMPERATURA ESTÁ EL HIELO FUNDENTE, POR DIOS? ¿O es la palabra fundente lo que no entendéis? (cosa que ya me preocuparía en exceso). Primeros principios de la termodinámica que relacionan el trabajo con la carga, CON LA CARGA!!!!!!!! ¿QUÉ CARGA? Haces de luz con trayectorias en espiral ¿LO HABÉIS VISTO ALGUNA VEZ? Luz no luminosa. ¿QUÉ ES ESO? Y no sigo porque la lista de despropósitos es infinita. Y ninguna de estas “originalidades” las he encontrado una única vez sino varias, algunas hasta unas cuantas docenas de veces. ¿NO OS DA VERGÜENZA?

Espero y confío que esto os sirva de aprendizaje para el extraordinario, que hagáis los exámenes limpios, ordenados, bien redactados, sin faltas de ortografía ni burradas infantiles y sobre todo espero que estudiéis como lo que sois, estudiantes universitarios, ADULTOS. Como tales ocupáis un lugar privilegiado en estos tiempos tan difíciles que corren, y ello os obliga a estudiar 8 horas diarias, a trabajar como cualquier trabajador once meses al año, cosa que por más que me juréis que hacéis no puedo creer a la vista de la inmensa mayoría de lo que he leído.

No sería justo por mi parte hablar sólo de los desastres que he encontrado, aunque hayan sido la más aplastante mayoría, como veis en la lista. Ha habido exámenes que han sido una auténtica delicia de corregir, de algunos de vosotros que traslucís con rotunda evidencia lo mucho que habéis estudiado y lo que os habéis esforzado durante toda la evaluación continua. Mi enhorabuena más sincera a todos vosotros. Y mi agradecimiento por vuestro esfuerzo.

Y si unos cuantos pueden ¿por qué los demás no? Pensadlo. Por favor. Haced un autoanálisis, una autocrítica, tened el valor de ser sinceros con vosotros mismos y poned remedio a tiempo. O en caso contrario no os empeñéis en algo que os queda grande, si es que es esa la conclusión.

Repito que sois unos privilegiados en estos tiempos tan duros que corren y que es inmoral la forma en la que muchos de vosotros despilfarráis recursos y vuestro potencial. Como consejo de abuela os digo algo que seguro que ya os han dicho antes: jamás volveréis a tener ni la edad, ni la fuerza, ni el potencial, ni las oportunidades que tenéis hoy, aprovechadlas antes de que os tengáis que arrepentir de no haberlas aprovechado.

Estoy muy muy disgustada, y en honor a la verdad, cabreada. Es por ello, y por otras ocupaciones que tengo, que prefiero enfriar y dejar la revisión de exámenes para el lunes 16. Si venís a ver vuestros exámenes haceos conscientes de lo que habéis escrito, leed el Tipler, y analizar vuestras respuestas. No estoy dispuesta a repetir n veces lo mismo. A muchos os voy a poner a leer en voz alta lo que habéis escrito.

Espero que en el extraordinario me deis más alegrías.

Recibid todos un saludo.

A imaxe orixinal está aloxada en http://i.imgur.com/z6slt23.png.

Non hai moitas evidencias da veracidade da autoría, pero eu inclínome a crer que é certo. O texto ten ese tono tan característico de moitos profesores universitarios que ven a dicir algo así como: “co bo que son eu, ca miña impecable maneira de dar clase, coa miña facilidade de transmisión dos meus grandes coñecementos; e suspendedes”.

Coñecer a maneira de ensinar na universidade para min foi unha enorme decepción. Eu tíñaa moi idealizada, creía que a universidade non era como a educación media, onde os docentes entran, gran parte deles, para ter o seu posto de funcionario, pero equivocábame. A universidade non é mellor que a educación media. Na universidade non hai os docentes que eu imaxinaba, docentes desexando transmitir aos seus alumnos todos os coñecementos aprendidos logo de toda a súa vida dedicándose a aprender unha materia moi concreta, docentes que teñen moi claro que querían transmitir coñecementos e se formaban para saber ensinar o mellor posible, docentes que son capaces de facer ver a utilidade dunha materia dentro da titulación.

Na universidade (obviamente hai excepcións) hai persoas con un posto asegurado nunha empresa e que non son nada do que eu tiña na miña cabeza. Non se plantexan se os seus métodos docentes son os axeitados para o grupo, nin se o método de avaliación se axusta á carga de traballo, nin de se os coñecementos que pretende que os alumnos adquiran durarán máis aló do exame.

Respecto ao tema de se o profesor ten que saber motivar ou non ao alumnado hai opinións de todo tipo. Uns defenden que un profesor universitario non ten que motivar, os alumnos están porque queren e deben vir motivados da casa. Outros defenden que o profesor ten a obriga de ser capaz de facer ver a súa materia dun xeito que agrade o máis posible. Eu creo que os alumnos teñen que ter ganas, por suposto, pero por moitas ganas que teñas se ao chegar a clase te atopas con un señor subido á tarima e que le diapositivas proxectadas na pantalla, acabas odiando a materia. E ao profesor, por suposto.

Todo o mundo ten moi claro que ningún conductor dunha ambulancia levaría polo camiño máis largo ao seu paciente para chegar ao hospital, é dicir, que faría o seu traballo o mellor posible. Co profesorado non se asume iso. Os profesores dan as clases como queren, avalían do xeito que consideran e así se queda todo.

Os alumnos podemos opinar, no caso de que o profesor teña a ben escoitar, pero de pouco vale. Canseime de dicirlle a varios profesores que a súa materia se excedía nas horas de traballo que lle había que adicar, que non tiñamos claro como se puntuaba ou que necesitabamos saber como iba avaliar as prácticas para poder facelas; e nada conseguín. Todo foron promesas de cambio, igualiño que cos políticos, pero ao falar cos compañeiros que veñen detrás, dinme que todo está igual.

En definitiva, a meirande parte do profesorado cando unha promoción acada malos resultados ataca ao alumnado porque non estudan, pero non se preguntan que poden cambiar eles para evitar debacles nos exames. Todos temos que mellorar, os alumnos estudando máis ou cambiando o método de estudo; pero os profesores tamén, preguntando aos alumnos a súa opinión sobre a materia e aplicando cambios de verdade, non facendo promesas de cambio.

Publicado en: universidade
3 comentarios en “O profesorado
  1. María di:

    Non podo estar máis de acordo contigo, tanto desde o papel de alumna como desde o papel de profesora. Na maioría das ocasións a enerxía que transmite o docente fai que a materia se vexa como un punto interesante, sen importar a que sexa.
    Se se lle mete medo ao alumnado con respecto a unha materia, como pode ser calquera das interpretacións, estes colleranlle tirria xa antes de probar se realmente lles gusta ou non e a algúns até lles xerará ansiedade. Porén, o profesor que anuncia que é máis fácil do que parece e o di seguro de si mesmo conseguirá a calma que precisan os alumnos para desenvolverse axeitadamente.
    O escrito da profesora desmotivándoos por completo e animándoos até a deixar o obxectivo “por quedarlles demasiado grande” terá un final positivo en moi poucos casos.
    Moi bo post, Lugrís!

    • isaac di:

      Exacto, que os profesores comecen a exposición dun tema con “isto é moi difícil e tedes que estudar moito para entendelo” non abranda o terreo precisamente. E desmotivar a todo un grupo de alumnos así non axuda nin aos alumnos nin a ela, posto que os alumnos pensarán que non serán capaces de facelo e ela só conseguirá que a vexan innacesible e non interaccionen con ela para preguntar dúbidas ou aclarar conceptos.

  2. María di:

    Moi bo post, Isaac! Perdoa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*