Transporte público

Vivir nunha cidade como Compostela, que permite ir andando a moitos sitios dado que as distancias son asequibles, fai que use pouco o transporte público, pero aínda usándoo pouco é raro que pase 2 semanas sen subirme a algún autobús para ir a algún sitio.

Estas viaxes esporádicas permítenme ter unha opinión sobre o servizo, que se pode resumir en: mellorable e modernizable. Pero vamos por partes, porque este artigo ten varios motivos de fondo.

O motivo principal que me levou a escribilo é o enfado que tiven cando intentei coller un autobús, concretamente a liña 15, na parada de Lope Gómez de Marzoa. A frecuencia dos autobuses da liña 15 é de 20 minutos, e comeza o percorrido en dirección ao Campus Norte enfrente dos Colexios Maiores. Habitualmente arredor dos minutos 3, 23 e 43 e cada hora pasa pola parada de Lope Gómez de Marzoa. Eu cheguei á parada á hora en punto, agardando que o autobús pasara ao longo dos seguintes 3 minutos, cousa que non sucedeu. Agardei ata 5 minutos, pero a miña paciencia debía ser escasa porque decidín que lle deran ao autobús, que iba andando e punto. E isto é algo que ten unha fácil solución, e que os directivos de TUSSA (a empresa pública encargada da xestión do transporte urbano de Santiago) parece que non queren acabar de ver.

Calquera usuario de calquera servizo de transporte quere saber cando vai poder subirse a ese transporte, e iso é o que TUSSA non quere ofrecer.  É certo que dende hai uns anos se colocaron en unhas cantas paradas pantallas informativas dos tempos de chegada do autobús. A pesar de que están, e funcionan… bastante ben para o que adoitan funcionar as cousas, ségueme parecendo bastante absurdo a día de hoxe ter que acercarte á parada do autobús para ver a que hora vai pasar, sempre e cando a túa parada conte con pantalla, claro.

Das 3 cidades máis representativas, Vigo e Coruña por tamaño e Santiago por capital, Compostela é a única que ofrece un servizo de transporte urbano que non informa por ningún outro medio que non sexa as pantallas das súas paradas canto falta para que chegue o autobús. Pantallas que por outro lado, teñen un funcionamento… mellorable. Non é a primeira vez que chego a unha parada, a pantalla non amosa a liña que quero coller, polo tanto non non sei canto falta para que chegue. Despois chega o autobús desa liña e a pantalla comeza a amosar a liña indicando que o autobús está na parada.

Dende hai xa bastante tempo a empresa relaciónase cos seus usuarios mediante Facebook e Twitter, e hai que recoñecer que contestan sempre, e de xeito bastante rápido e efectivo, agás nun tema. Nunca contestan nada sobre a aplicación móbil que levan prometendo… non sei canto tempo. Igual non son dous anos como di esta usuaria no Facebook, pero dende logo hai moito tempo que se comezou a falar da aplicación móbil do Transporte Urbano de Santiago.

Hai xa anos a empresa ofrecía a través da web urbanoscompostela.com os tempos de chegada a cada parada, se recordo ben, información que desapareceu desa web, que por outro lado o único cometido que ten é a de duplicar a web oficial (tussa.org), xa que contido interesante non ten ningún.

Tanto eu como outros moitos bombardeamos regularmente por Twitter á empresa preguntando pola aplicación móbil, pola publicación dunha API ou por algunha información, por ínfima que sexa, que nos faría ver algo de luz sobre este tema. Nunha das motias conversas co CM da empresa (https://twitter.com/IsaacCF/status/369404425627918337) comenta que están estudando posibilidades, que queren chegar a todo o mercado incorporando Blackberry, pero que as “liñas da app están listas”. Por outra parte, menos mal que a golpe de agosto esas liñas estaban listas porque a 4 de xaneiro (https://twitter.com/maisbus/status/287178725957726209) contaban que nos próximos meses estivese lista. Van case 11 meses. E apostaría algo a que chegarán os 12 meses e non teremos a aplicación. Entón pasarase de “próximos meses” a “un ano”.

Algo a que non vin que responderan nunca foi á posibilidade da publicación dunha API para o acceso aos datos, cousa máis que lóxica por outra parte dado que é un servizo público.

Hai un último detalle polo que sinto curiosidade: saber quen está facendo ese desenvolvemento do que hai “liñas” xa establecidas. No sitio web da empresa, no Perfil do Contratante (http://tussa.org/web/xestions/contratacions.php?lg=gal) non hai nada referente a este tema. Non teño excesiva confianza nas grandes empresas de Santiago en canto a desenvolvementos decentes en apps móbiles, visto o visto, e apostaría a que está contratada a unha grande… polo que, espero equivocarme de cheo e ter que rectificar neste mesmo blog en breve, pero a app podería ser algo desastroso se siguen as liñas de algúns desenvolvementos publicados por aí.

Para que a empresa conteste a todas as preguntas que fun deixando por aí arriba resúmoas a continuación:

  • Haberá unha aplicación móbil dentro dos próximos 3 meses?
  • Publicarase unha API para acceso aos datos en tempo real?
  • Publicaranse en Google Maps as rutas e datos en tempo real?
  • A qué empresa se lle adxudicou o desenvolvemento?

Espero que ben nos comentarios, por Twitter, por email, Facebook ou como considere a empresa conteste a estas preguntas.

Publicado en: administración pública, santiago
2 comentarios en “Transporte público
  1. Maisbus di:

    Hola, disculpa la tardanza en la contestación, con respecto a las cuestiones que nos planteas, comentar lo siguiente, como podrás intuir una red de transporte es algo vivo y en continuo cambio, si es cierto que en los últimos años, hemos conseguido asentar dicha red, lo que tras un tiempo de aplicación de la misma podríamos dar por cerrada. Pretendemos que entiendas y entiendan todos nuestros usuarios, que nos parecía atrevido lanzar un app con una red sin asentar.

    En paralelo hemos estado y estamos trabajando en las funcionalidades de dicha aplicación, algo que puede parecer rápido pero en lo que nos hemos querido pararnos y nutrirnos de las distintas aplicaciones ya existentes, recogiendo de cada una de ellas lo más interesante y provechoso para el cliente final. También hemos visto aplicaciones desarrolladas por usuarios, que complican en cierta medida la información, ya que pretendemos que esa aplicación sea junto a nuestros perfiles sociales y los distintos canales de información (teléfono y web) la información más a tiempo real y clara posible que incluya cualquier tipo de incidencia que permita replanificar tu desplazamiento, por ello entendemos que debemos administrar directamente los datos.

    Por lo demás y dado que todo ese trabajo mencionado está prácticamente listo, estamos teniendo problemas con las cuestiones técnicas relativas a la información a tiempo a real, como comprenderás trabajar con tiempos teóricos no sería realmente útil (tu mismo lo has vivido con tu propia experiencia) y perderíamos la confianza de nuestros usuarios. Por tanto queda claro que en cuanto estos factores queden resueltos podremos finalizar todo el proceso.

    Sabemos que en este caso los tiempos son variables, ya que, como sabrás algunas plataformas son muy rápidas pero otras evalúan las apps para asegurar su correcto funcionamiento y dar un plazo definitivo sería muy atrevido por nuestra parte.

    Con respecto a las plataformas web como Google u otras que hay en el mercado nos parece muy interesante, dado que nuestra ciudad tiene muchos visitantes de toda índole, como turistas, universitarios, pacientes hospitalarios de nuestra área sanitaria que les permitiría tener la posibilidad de planificar su viaje.

    Muchas gracias por tu interés y por tu apuesta en el transporte público.

    Un saludo MAISBUS.

    • Ola!

      Antes de nada, moitas gracias por respondernos sempre, aínda que ás veces poidamos ser algo bruscos.

      Alégrame ler que o traballo está preto de ser rematado por fin, a falta de solucionar eses problemas que comentas, así que esperamos poder ver os resultados pronto.

      Tamén me parece unha idea acertada ofrecer aplicacións propias, como comentas, intentando ofrecer unha experiencia óptima para os usuarios. Sen embargo, paréceme que isto non é incompatible coa publicación dos datos para que outras persoas, se queren, poidan desenvolver as súas propias aplicacións alternativas. Deste xeito, os usuarios terían máis de unha elección e tanto as aplicacións de terceiros poderían aprender da vosa como a vosa das deles.

      En canto á publicación dos percorridos e horarios en servizos coma Google Maps, vexo que todos estamos de acordo en que é algo positivo (aínda que Isaac e eu case o definimos como necesario, máis ben). Isaac mesmo estimou fai pouco o traballo que custaría levar isto a cabo, e era realmente pouco, polo que a pregunta xa pasaría a ser por que non está feito xa e canto tardará en estar dispoñible, posto que ben podería ser antes de Nadal, por poñer algo de concreción.

      De novo, gracias polo traballo que levades facendo desde xa fai tempo para mellorar o transporte urbano da cidade e que xa amosa resultados, por moito que queden aínda moitas cousas nas que seguir traballando.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*