O paso do tempo

Dous anos, ou case, dende o último post neste blog. Iso é moito tempo, demasiado para un mundo tan cambiante como é o de Internet, aínda que ben pensado, cambiante é calquera mundo, e sobre todo en 2 anos.

Abrín este blog coa intención de publicar anécdotas na Universidade, curiosidades que aparezan por aí e sexan dignas de mención, proxectos persoais… e ao final nada. O silencio.

Agora quero que iso cambie, escribir algo, cada semana, cada dúas… contando algo. Porque sempre hai que contar. Porque a todos nos pasan cousas curiosas na vida, todos facemos algo novo, atopamos un novo truco, inventamos algo, e non sempre colle nos 140 caracteres de Twitter. Tamén é certo que pode darse a casualidade de que non nos pase nada, nin inventemos nada, nin fagamos nada novo, pero seguro que o fixemos hai unha semana, ou hai un mes, ou incluso hai un ano. E seguro que non o contamos. Ou alomenos non detalladamente.

Pois iso pretendo eu, contar o que me pasou en 2 anos, ou o que me pasa agora. Contar experiencias en proxectos mastodónticos levados por 4 persoas sen experiencia en proxectos, nin mastodónticos nin minúsculos; relatar unha clase dun profesor que considera HTML4.0 o non vai máis da tecnoloxía web; comentar un destes enlaces perdidos nos favoritos do navegador con esa ferramenta que tanto me gustou ou, simplemente, darvos a chapa coas fotos da miña última viaxe a algún sitio.

E como agora non son horas, ímonos lendo por aí mentres aparece o seguinte post desta nova era de ansia viva pola escritura na blogosfera (isto da blogosfera xa non se usa verdade?)

Publicado en: Sin categoría
Un comentario en “O paso do tempo
  1. Me hago FAN, pero fan fan de verdad, de tu «proxectos mastodónticos levados por 4 persoas sen experiencia en proxectos, nin mastodónticos nin minúsculos» porque me suena de algo, no sé de qué…
    Ánimo con el blog 😀 Tendrás aquí a una lectora atenta a todas las parrafadas que dejes 🙂

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*